Rosendo/Rosenda

Rosendo/Rosenda
[ONOM]

Antropónimo que provén do xermánico Hrod-sinths, latinizado en Rudesindus, composto por *hroth ‘sona, gloria’ e sinth ‘camiño’, e por extensión ‘expedición bélica’; Rosendo significa ‘o camiño da fama’ ou ben ‘a expedición militar famosa’. En galego deu lugar tamén ao apelido e topónimo Rosende. Presenta a variante feminina Rudesinda e como hipocorísticos Sendo e Roda.