rosetón

rosetón

(< aumentativo de rosa)

  1. s m [ARQUIT]

    Abertura circular realizada nas paredes das igrexas, especialmente nas fachadas de estilo románico e gótico. Semella que a súa orixe vén do óculo das primitivas igrexas cristiás. Na segunda metade do s XII aumentaron considerablemente de diámetro e durante o s XIII engadíronselle vidreiras.

  2. s m [ARQUIT]

    Motivo de ornamentación circular debuxado nun piso ou nun teito.

  3. s m [ARQUIT]

    Flor decorativa que se emprega fundamentalmente en capiteis corintios e compostos.

Palabras veciñas

roséola | Roses | roseta | rosetón | Rosetta | Rosetta, pedra de | Rosetti, Alexandru