rotífero -ra

rotífero -ra

(< lat científico Rotifer,xénero de metazoos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos rotíferos.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo do filo dos rotíferos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Filo de animais metazoos triploblásticos, non metaméricos, con simetría bilateral. Presentan formas variables e pequenas dimensións, sendo a maioría microscópicos. O corpo consta dunha cabeza, un tronco e un pé cónico, e está recuberto por unha cutícula de escleroproteína, ríxida, cunha coroa ou un órgano rotatorio, constituído por un anel de cilios, cun movemento ondulatorio que fan mover o animal e atraen partículas alimentarias e organismos vexetais e animais. O pé bifúrcase tipicamente en dous dedos, que poden ser utilizados para a locomoción reptante. Teñen unha glándula que segrega un líquido que lles permite adherirse ao substrato. A maioría destas especies son peláxicas de auga doce, sobre todo bentónicas, podendo enquistarse por falta de humidade.

Palabras veciñas

Rothko, Mark | Rothschild | Rothstein, Arthur | rotífero -ra | Rotliegendes* | roto -ta | rotogravado