roupa

roupa

(< gótico *raupa ‘botín’

  1. s f

    Conxunto de pezas de pano ou tea que se usan tanto para vestir coma para o servizo da casa.

  2. roupa branca

    Conxunto de pezas que constitúen o enxoval ou que son de uso doméstico e tamén a roupa interior.

  3. roupa de augas

    Prenda de vestir, con calidade de impermeable, que serve para protexerse da auga.

  4. roupa de cama

    Conxunto de pezas de tea que se empregan para cubrir a cama como mantas ou sabas.

  5. roupa decotío/de diario

    Peza de vestir que se pon todos os días.

  6. roupa de mesa

    Conxunto de manteis e panos de mesa.

  7. roupa dos domingos/de festa /de garda

    estimenta reservada para os días de ocasións especiais.

  8. roupa feita

    Peza de roupa que se compra xa confeccionada e non se fai nin se encarga á medida.

  9. roupa interior/de baixo /de dentro

    Peza de vestir que se leva directamente sobre o corpo e cuberta por outra exterior.

Frases feitas

  • A roupa lixosa lávase na casa. Falar as cousas íntimas dentro da familia ou dun grupo.

  • Canto máis frío, menos roupa. Saír algo mal por facelo precipitadamente.

  • Haber roupa tendida/ao sol/ao clareo. Estar presente alguén que obriga a falar con cautela.

  • Nadar e gardar a roupa. Falar ou actuar con precaución e cautela para non comprometerse.

Palabras veciñas

rouña | round* | Rounjat, Jùli | roupa | Roupar | Roupar, casa torre de | roupaxe