Rowland, experimento de

Rowland, experimento de
[FÍS]

Experimento que realizou H. A. Rowland para probar a relación que existe entre o magnetismo e a electricidade. Dispuxo un disco electrizado que xiraba a gran velocidade e demostrou mediante unhas agullas magnéticas que se producía un campo magnético por efecto do campo eléctrico creado polo disco.