Rúa Nova, Premio de Narracións Xuvenís

Rúa Nova, Premio de Narracións Xuvenís
[LIT]

Galardón literario en galego e castelán convocado desde 1992 pola Fundación Caixa Galicia dentro do proxecto Biblioteca Nova 33 para autores menores de dezaoito anos. No apartado de lingua galega foron galardoados Carlos Vila, con Alén da aventura (1992); Felipe Riola, Apocalipse Möbius (1993); Felipe Riola, Á sombra da torre (1995); Inmaculada López, Neve en abril (1996); Eva Moreda, Breogán de Guisamonde, o Cabaleiro da Gaivota (1997); Alberto Santiago, Case unha cidade (1998); Raquel Campos, OTMA Nicolaievna. As catro grandes descoñecidas (2002) e Fátima Peón, Camposanto (2003).

Palabras veciñas

Rúa Figueroa, Ramón | Rúa Figueroa, Xosé | Rúa Nova, pazo da | Rúa Nova, Premio de Narracións Xuvenís | Rúa Rúa, Sonia | Rúa Viva, Grupo de teatro | Rúa, A