ruanda
ruanda
-
adx
Relativo ou pertencente aos ruandas ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo dos pobos ruandas.
-
s
m pl
[ETN]
Grupo de pobos da familia bantú que viven nas repúblicas de Rwanda e Burundi. Está dividido en grupos raciais ben diferenciados: os hutus ou rundis, que se dedican á agricultura, os tutsis, que se dedican á gandaría, e os pigmeos twa, cazadores e ceramistas. A administración estaba nas mans tutsis, que lle cobraban o tributo aos rundis, sendo estes os cultivadores das terra; e os twa facían de escravos de todos.
-
s
m
[LING]
Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Rwanda, Burundi, República Democrática do Congo e Uganda.
Sinónimos: rwanda.