rúbrica

rúbrica

(

  1. s f [ARQUIV/PALEOG]
    1. Parte que, nos manuscritos e impresos antigos, estaba escrita en letras vermellas como os títulos ou os índices. A palabra provén da terra vermella empregada para pintar. Este uso actualmente limítase aos libros litúrxicos.

    2. Cada un dos títulos ou epígrafes dos capítulos ou seccións dun volume, o índice (chamado tamén rubricarium) que precede ou termina o volume, escritos en vermello.

    3. Establecida a sinonimia entre título e rúbrica, cada unha das seccións dalgunhas leis, sobre todo as disposicións de lei civil en contraposición aos editos dos pretores escritos sobre táboas brancas (album).

  2. s f
    1. [RELIX]

      Cada unha das normas cerimoniais dos libros litúrxicos da liturxia romana, que regulan os ritos, escritas en letra vermella para distinguilas das fórmulas litúrxicas.

    2. Cada unha das normas doutras cerimonias non eclesiásticas.

    3. Costume ou práctica establecida.

  3. s f [ESCR]

    Trazo ou conxunto de trazos, de figura xeralmente invariable, que se pon na sinatura sobre os nomes. Deriva da sinatura, escrita normalmente en vermello.

Palabras veciñas

rubor | ruborizar | ruboroso -sa | rúbrica | rubricador -ra | rubricar | rubricista