Russell-Vogt, teorema de
Russell-Vogt, teorema de
[ASTRON]
Teorema relativo ao comportamento das estrelas, segundo o que se unha estrela está en equilibrio hidrostático e térmico e obtén toda a súa enerxía das reaccións nucleares, a súa estrutura queda totalmente determinada por dous factores: a súa masa e a distribución de elementos químicos no seu interior.