rutáceo -a

rutáceo -a

(< lat científico Ruta)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás rutáceas.

  2. s f

    Planta da familia das rutáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas leñosas ou raramente herbáceas, da orde das sapindais, con glándulas secretoras e follas simples ou compostas, frecuentemente trifoliadas e xeralmente alternas. As flores son comunmente actinomorfas, hermafroditas, diclamídeas e hipóxinas, e con froitos de diversas clases. Danse nos países cálidos e temperados de todo o mundo. Pertencen a esta familia a laranxeira, o limoeiro ou a bergamota.

Palabras veciñas

Rus’ | ruta | Ruta | rutáceo -a | rutar | Rute | Rute