rutenio

rutenio

(< topónimo Rutenia)

Nome científico: [Ru]
s m [QUÍM]

Elemento químico de número atómico 44, pertencente ao grupo VIIIB da táboa periódica. É un dos metais da segunda serie de transición e pertence ao grupo do platino. Foi descuberto en 1844 por K. Klaus. É o menos abundante dos elementos do seu grupo e atópase na natureza como compoñente minoritario das aliaxes nativas do platino. Ten un peso atómico de 101,07 e está constituído por unha mestura de sete isótopos naturais estables. O metal oxídase no aire a temperaturas superiores a 800°C e non é atacado polos ácidos nin pola auga rexia. En solución acuosa, a súa química baséase en ións complexos, de coordinación octaédrica, frecuentemente polinucleares. Ten aplicación fundamentalmente como endurecedor para o platino e o paladio e como aditivo para o titanio, para aumentar a súa resistencia á corrosión. Emprégase tamén en síntese orgánica como catalizador para procesos de hidroxenación.

Palabras veciñas

Rute, Libro de | Rutebeuf | Rutenia | rutenio | ruteno -na | Ruth | Rutherfor, John