recrutamento

recrutamento

(

  1. s m [BÉL/HIST]

    Acción de recrutar. Ao longo do tempo realizouse de diversas maneiras e en ocasións coexistiu a prestación forzada coa voluntaria. Os estados do Renacemento implantaron o recrutamento voluntario de mercenarios estranxeiros, mentres que o estado liberal instituíu o servizo militar obrigatorio, aínda que esa obrigatoriedade foi a miúdo amolentada polas clases superiores. Co tempo os países anglosaxóns e algúns do Terceiro Mundo conservaron o recrutamento voluntario en tempos de paz, á vez que a maioría dos europeos e outros, practicaron o obrigatorio; finalmente existe certa tendencia a suprimilo e a crear exércitos profesionais. O servizo militar obrigatorio implantouse en España en 1912 e suprimiuse en 2001.

  2. s m [ZOOL]

    Momento en que as formas novas dos organismos se incorporan á poboación adulta, xeralmente cambiando de hábitat e de costumes.

Palabras veciñas

recrutábel | recrutable | recrutador -ra | recrutamento | recrutar | rect(i)- | rect(o)-