recta

recta

(

  1. s f

    Liña que vai dereita e non presenta curvas.

  2. s f

    Tramo dunha estrada que non ten curvas.

  3. [MAT]
    1. s f

      Liña que no espazo ordinario dá a distancia máis curta entre dous puntos. En xeometría euclidiana pódese definir unha recta como unha “sucesión de puntos que non se torcen nin á dereita nin á esquerda”. Noutras xeometrías distintas da euclidiana hai elementos que realizan os axiomas análogos aos que define a recta, pero que intuitivamente son diferentes da imaxe ordinaria. Así, na xeometría esférica unha recta é unha circunferencia máxima da superficie esférica. No tratamento alxébrico da xeometría (xeometría analítica) pódese dicir que unha recta no plano é o conxunto de solucións dunha ecuación de primeiro grao con dúas variables. Neste caso os elementos primitivos son os números. A ecuación da recta no plano é ax + by + c = 0, ou ben y = mx + b, onde m é a pendente ou coeficiente angular, e b a ordenada na orixe.

    2. recta impropia

      Recta situada no infinito, que resulta da intersección de dous planos paralelos.

    3. recta propia

      Recta que resulta da intersección de dous planos non paralelos.

    4. recta real

      Conxunto de todos os números reais, xunto coa súa representación nunha recta graduada. Cada representación queda fixada cando sobre unha recta gráfica se escolle unha orixe (imaxe do número cero) e unha unidade (imaxe do número un). A miúdo utilízase a linguaxe xeométrica ao falar dos números reais (o número x está nun contorno do número a).

Palabras veciñas

recrutar | rect(i)- | rect(o)- | recta | rectal | rectangular | rectángulo