réquiem

réquiem

(

  1. s m [RELIX]
    1. Pregaria latina, que comeza coa frase Requiem aeternam dona eis, Domine (Dálles, Señor, o repouso eterno). Extraída do apócrifo Libro IV de Esdras, rézase como antífona ao final dos salmos ou como conclusión do oficio de defuntos, ou tamén como introdución da misa de defuntos.

    2. Misa de defuntos, chamada tamén misa de réquiem, que comeza coa introdución Requiem aeternam, e que se celebra con ocasión de funerais, de cabodanos e na conmemoración dos defuntos.

  2. s m [MÚS/RELIX]

    Composición musical elaborada sobre o texto da oración homónima e da misa de defuntos. Destacan a Missa pro defunctis gregoriana, anónima, e as realizadas por Giovanni Pierluigi da Palestrina, Tomás Luis de Vic22toria, Johann Wolfgang Amadeus Mozart, Luigi Cherubini, Robert Alexander Schumann, Johannes Brahms, Giuseppe Verdi ou Krzysztof Penderecki.

Palabras veciñas

requichado -da | requichar | requichas, a | réquiem | Requila | requilorio | requinta