requirimento

requirimento

(< requirir)

  1. s m

    Acción e efecto de requirir.

  2. s m [DER]

    Instigación verbal ou escrita, que fai unha autoridade pública ou unha persoa, para que se execute ou se absteña de executar un acto determinado.

  3. s m [DER]

    Manifestación ou pregunta que se fai a alguén, xeralmente baixo fe notarial, coa intención de que declare a súa actitude ou resposta.

  4. s m [HIST]

    Documento que se lía aos indíxenas das colonias americanas da Coroa de Castela co que eran intimados a aceptar o novo soberano e a profesar o cristianismo.

Palabras veciñas

requinto | requirente | requiridor -ra | requirimento | requirir | requisa | requisar