retracto
retracto
(< lat retractu)
s
m
[DER]
Dereito de adquisición preferente que corresponde a unha persoa sobre unha cousa vendida, nas mesmas condicións de prezo ou termos do contrato de compravenda efectuado. Unicamente pode ser exercido en caso de que o propietario decidise desprenderse dela a título de venda ou permuta. No caso de arrendamento dunha leira urbana o retracto é dereito principal.