retrato
retrato
(< ital ritratto)
-
s
m
[ARTE]
Representación dunha persoa mediante a pintura, a fotografía ou a escultura. Pode ser de medio corpo, corpo enteiro ou tres cuartos. Desde a Antigüidade retratáronse reis e personaxes destacados segundo os canons estéticos de cada momento: en Exipto de acordo coas leis da frontalidade, en Grecia de maneira idealista, e en Roma de forma marcadamente realista. No s XIII comezaron a ser representados nos retablos os doadores, o que deu lugar ao nacemento do retrato flamengo. Foi moi cultivado polos pintores do Renacemento e o interese que desde entón espertou preséntase en todas as épocas e tendencias ata o s XX.
-
s
m
Descrición moi precisa ou exacta dunha persoa ou cousa.
-
s
m
Persoa moi semellante a outra.