Revista Santiago

Revista Santiago
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 20 de xullo de 1900. Subtitulada “Revista literaria”, xurdiu como boletín anual para informar aos visitantes da oferta artística e cultural durante as festas do Apóstolo Santiago. Dirixida por Antonio Iglesias, a revista ampliou os seus contidos e converteuse nunha publicación de carácter literario con máis artigos xornalísticos e diversas colaboracións de M. Murguía, E. Pardo Bazán, Labarta Posse ou Barcia Caballero.