rosáceo -a

rosáceo -a

(< lat rosacēu)

  1. adx

    Que é semellante a cor rosa.

  2. adx [BOT]

    Aplícase á corola dialipétala e actinomorfa con cinco pétalos de unlla curta e limbo groso.

  3. [PLANTA]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ás rosáceas.

    2. s f

      Planta da familia das rosáceas.

    3. s f pl

      Familia de plantas leñosas ou herbáceas, da orde das rosais, con follas simples ou compostas, alternas e estipuladas, flores normalmente regulares, hermafroditas, pentámeras, de periantio dobre e ovario súpero, ínfero ou semiínfero, e froitos diversos. Consta de aproximadamente 3.000 especies, en todo o mundo, pero son máis abundantes nos países tépedos do hemisferio norte.

Palabras veciñas

Rosa, Monte | Rosa, outeiro da | Rosa-Cruz | rosáceo -a | rosada | Rosada | rosado -da