S

S
  1. [XEOG]

    Símbolo de sur.

  2. [TRANSP]

    Sigla de Suecia na placa do estado.

  3. [FÍS/MAT]

    Símbolo de superficie ou sección.

  4. [METROL]

    Símbolo do siemens.

  5. [QUÍM]

    Símbolo, procedente do latín sinister, que indica que os substituíntes dun centro quiral son ordenados en sentido contrario ao xiro das agullas do reloxo, cando se aplica ao mencionado centro o procedemento da regra da secuencia.

  6. [QUÍM]

    Símbolo do xofre.

  7. [FÍS]

    Símbolo da entropía.

  8. [TÉXT]

    Símbolo que se emprega para indicar un dos dous sentidos de torsión dun fío. Dise que un fío ten torsión S cando, posto verticalmente, as súas espiras parecen inclinadas no mesmo sentido que a parte central da letra S.

Palabras veciñas

R’azan’ | 1 s | 2 s | S | | |