saba

saba

(< lat sabăna)

  1. s f

    Cada unha das pezas rectangulares de tea que se utilizan como roupa da cama e illan o corpo do colchón e das mantas.

  2. saba santa [RELIX]

    Saba coa que supostamente se envolveu o corpo de Xesús Cristo antes de colocalo no sepulcro. Venerada como reliquia, atópase na catedral de Turín. É un lenzo de liño de 437 cm de longo e 111 cm de ancho en que está impresa unha imaxe frontal e dorsal dun home crucificado como se fose un negativo fotográfico.