Sabariz, casa de
Sabariz, casa de
Construción situada en Eiras (San Amaro). Ten planta en forma de U que ten nunha das coxías unha torre e maior altura. O patio péchase cun muro e nun dos ángulos conserva unha solaina á que se accede por unha escaleira exterior. O portal ten ameas e pináculos e un escudo. Conserva un pombal e un hórreo.