sacarosa

sacarosa

(< lat saccharŭ‘azucre’)

s f [BIOQ]

Disacárido da glicosa e a frutuosa, que se extrae da cana de azucre ou da remolacha azucreira. Emprégase como edulcorante de alimentos ou bebidas. A súa hidrólise, catalizada pola invertase, dá unha mestura dos seus compoñentes de rotación óptica de signo oposto (levo) ao azucre orixinal (dextro). OBS: Tamén se denomina azucre de cana.