safávida
safávida
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía safávida.
-
s
[HIST]
Membro dunha dinastía musulmá xiíta que gobernou Persia entre 1502 e 1736. Desde o núcleo inicial de Ardābīl o dominio safárida expandiuse por toda Persia e o Iraq actual, en parte grazas á renovación do exército realizada por ‘Abbās I. A dinastía foi derrocada por Nādir Shāh, rexente de ‘Abbas III. O máximo esplendor tivo lugar nos ss XVI e XVII e está plasmado en numerosos monumentos e na produción de cerámica vitrificada, de miniaturas e de tapices.