safeno -na
safeno -na
(< safena)
-
adx
Aplícase a certos nervios, arterias e veas da perna.
-
nervio safeno externo
[ANAT]
Nervio que se desprende do ciático poplíteo interno na parte media do oco poplíteo e que dá a sensibilidade á pel da cara externa da perna e ás articulacións do tarso.
-
nervio safeno interno
[ANAT]
Rama terminal profunda e interna do nervio crural, que recolle a sensibilildade da pel do xeonllo e da rexión interna do pé.