Sagina
Sagina
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das cariofiláceas, con follas simples, enteiras, lanceoladas ou lineares, flores actinomorfas con sépalos libres e 4 ou 5 pétalos de cor branca e froito en cápsula. En Galicia están presentes diversas especies, como S. subulata, S. procumbens e S. apetala.