saia

saia

(< lat v *sagĭa, desagum ‘especie de manto’)

s f

Peza de vestir, máis ou menos longa, que vai cinxida á cintura e cobre as pernas. No traxe tradicional galego colócase sobre o refaixo ou directamente sobre as enaguas. É unha peza exterior que se utiliza no traxe de gala e no de diario, con algunhas diferenzas. A do traxe de gala adoita ter moito voo e axústase á cintura mediante botóns, cintas ou corchetes. Confecciónase con baeta ou pano e presenta cores vivas (amarelo, vermello) para as mozas e escuras (marrón, negro) para as mulleres maiores, e adórnase na parte inferior con tiras de veludo de anchura e número variable. A do traxe de faena ten menos voo e está feita de tecidos máis resistentes, como o liño, o candil ou o picote. Tamén adoita ser máis curta, para que non se manche tanto, e por iso recibe o nome de saia rabena. A súa cor adoita ser escura (marrón ou negra) ou crúa.

Sinónimos

Palabras veciñas

sahn* | saho | Sahuré | saia | Saia, A | saiagués -sa | saial