Saimiri

Saimiri
[ANIMAL]

Xénero de mamíferos placentarios, da familia dos cébidos, da orde dos primates, caracterizados polo alongamento do cranio, especialmente da rexión occipital, o gran desenvolvemento dos cairos e a posición vertical dos dentes incisivos. A súa distribución vai desde Costa Rica ata o NL de Brasil e Bolivia. A especie máis común e máis coñecida é S. sciureus, de distribución suramericana.

Palabras veciñas

Saigon | Saimaa | saimel | Saimiri | saín | Saíñas | saíncho