saint-simonismo
saint-simonismo
(
s
m
[FILOS/SOCIOL]
Doutrina e movemento formado polos seguidores do conde de Saint-Simon, despois da súa morte e baseándose nas súas últimas obras, que pretendían fundar unha relixión secular da sociedade. Estendeuse principalmente por Francia e algúns países europeos. Por defender a clase máis numerosa e máis pobre, viuse a miúdo como precursor do marxismo. O seu socialismo, chamado utópico, pretendía ser non só un substituto da Igrexa senón incluso unha relixión. Defendían a convicción de que a Revolución Francesa e a sociedade industrial que xurdía representaban a superación da vella moral cristiá como aglutinador social e que era necesaria unha moral baseada na ciencia, é dicir, na socioloxía entendida como ciencia dos costumes ou da moralidade.