Saint-Benoit-sur-Loire, mosteiro de
Saint-Benoit-sur-Loire, mosteiro de
Abadía beneditina fundada cara ao 651, co nome de Fleury, e que cambiou de nome (s VIII) despois do suposto traslado do corpo de san Bieito. A igrexa, comezada en 1070 e acabada no s XIII, é románica. Desde 1947 está instalada unha comunidade beneditina. En 845 asinouse o Tratado de Saint-Benoit-sur-Loire entre Carlos II o Calvo e Pipino II, polo cal este recobraba Aquitania, pero sen Poitou, Saintonge e Angoumois, cedidos a Auvernia.