Saint-Quentin, Batalla de
Saint-Quentin, Batalla de
Batalla librada o 10 de agosto de 1557 entre as tropas imperiais -españolas, alemás, flamengas, borgoñonas e inglesas- mandadas polo duque de Savoia, Manuel Filiberto I, que asediou a cidade de Saint-Quentin, defendida polo almirante de Coligny e os franceses, mandados polo duque de Montmorency. A derrota dos franceses foi total. Esta vitoria e a conquista de Saint-Quentin obrigaron ao Rei Enrique II de Francia a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (1599).