Salamanca, Tratado de
Salamanca, Tratado de
Acordo asinado en Salamanca en 1505 polo que Fernando II de Aragón o Católico, Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola se comprometeron a gobernar conxuntamente os reinos de Castela e León. Filipe e Xoana foron xurados reis polas cortes, e Fernando, gobernador a perpetuidade. As intrigas da nobreza castelá, favorecida por Filipe I e Maximiliano de Austria, conduciron á formación dun bando partidario dos Habsburgo, que quería desprazar ao monarca aragonés, que pactou con Luís XII de Francia (Tratado de Blois, 1505) e casou con Xermana de Foix. Para contrarrestar os efectos desta alianza, Filipe I acercouse ao Reino de Castela, que levou á sinatura deste tratado.