salitre

salitre

(

  1. s m [MINERAL]

    Nitrato de potasio, de fórmula KNO 3 , que cristaliza no sistema rómbico e aparece en forma de agregados acidulados, eflorescencias e costras, en cavernas calcarias ou sobre o chan en países cálidos. Ten unha dureza de 2, un peso específico de 1,9 a 2,1 e é de cor branca. Emprégase na obtención de nitrato potásico, ácido nítrico e ácido sulfúrico, como fertilizante mineral e, previamente reducido a nitrito, como estabilizador da cor.

    Sinónimos: nitro.
  2. s m [QUÍM]

    Substancia con propiedades salinas, especialmente a que aflora en solos e paredes.