salmantesa

salmantesa
Nome científico: [Tarentola mauritanica, Fam dos xecónidos]
s f [ANIMAL]

Réptil de tamaño mediano e aspecto aplanado coa cabeza e os ollos grandes e arredondados con pupila vertical. Ten uns dedos característicos ensanchados distalmente con láminas subdixitais que lle serven para adherirse ás superficies lisas e con unllas no terceiro e cuarto dedo. A cor é moi variable e depende do estado do animal, aínda que adoita atoparse de cores claras como o branco ou gris. Ten costumes nocturnos e crepusculares e aliméntase de avelaíñas e insectos nocturnos. Presenta dúas épocas reprodutivas, a primeira en marzo-abril, e a segunda en xuño-xullo cunha posta de dous ovos. Está ligada a hábitats rochosos, como pedregais, muros ou paredes. Esténdese por áreas mediterráneas, na maior parte da Península Ibérica, nos litorais da Península Itálica e da rexión Balcánica e ao N de África. En Galicia dáse só na zona de Valdeorras, que é o límite noroccidental da súa distribución.

Palabras veciñas

Salmanasar I | Salmanasar III | Salmanasar V | salmantesa | salmantino -na | Salmarra | Salmerón