salmiac

salmiac
s m [MINERAL]

Cloruro amónico, de fórmula NH4Cl, que cristaliza no sistema cúbico en cristais pequenos e alongados. Ten unha exfoliación imperfecta en cubos e é incoloro ou de cor amarela e marrón, a causa da adición de FeCl3.Ten un gusto salino picante e a súa dureza é de 1 a 2 cun peso específico de 1,53.