salto

salto

(

  1. s m

    Acción e efecto de saltar.

  2. s m

    Distancia percorrida ao saltar.

  3. [DEP]
    1. s m

      Proba atlética que consiste en acadar unha marca en altura ou en lonxitude. O programa olímpico inclúe catro especialidades: salto de altura, salto con pértega, salto de lonxitude e triplo salto.

    2. salto con pértega

      Salto en que se emprega unha pértega de fibra de vidro ou de carbono duns 5 metros de longo para superar o listón do saltómetro, pasando primeiro as pernas, despois o corpo e finalmente os brazos, soltando previamente a pértega.

    3. salto de altura

      Salto en que se tenta superar o listón que indica unha altura determinada impulsándose cun só pé.

    4. salto de carneiro

      Salto que dá un cabalo levantando as patas traseiras para facer caer ao xinete por riba da súa cabeza.

    5. salto de lonxitude

      Salto en que se percorren uns 40 m ata a táboa de batida, enterrada ao mesmo nivel da pista onde se efectúa, sen pisala, efectúase un salto en extensión sobre a zona de caída cuberta de area.

    6. salto de obstáculos

      Salto que se realiza en hípica e onde o participante ten que superar determinados obstáculos no menor tempo posible.

    7. salto de trampolín/panca

      Salto que se realiza en natación e que se efectúa desde un trampolín elástico situado a 3 m sobre o nivel da auga. Os de panca fixa fanse desde unha superficie ríxida colocada a 5,75 e 10 m de altura.

    8. salto mortal

      Salto acrobático que se fai dando unha volta no aire antes de recuperar a posición inicial.

    9. triplo salto

      Salto en que o atleta, despois dunha carreira de impulso ata a táboa de batida, salta sobre o mesmo pé co que efectuou o impulso e, a continuación, faino sobre o outro pé para caer cos dous pés sobre a zona de recepción, situada a uns 13 m de distancia.

  4. s m

    Acción e efecto de pasar dun estado a outro ou dunha cousa a outra sen ningún paso intermedio.

  5. s m

    Espazo baleiro nunha serie ou nunha das partes que forman un todo.

  6. s m [TECNOL/INFORM]

    Alteración na execución secuencial das instrucións ou sentenzas dun programa.

  7. salto de auga

    Desnivel natural ou artificial brusco e importante dun curso de auga.

  8. salto de cabalo [XOGO]

    Movemento que fai a peza do xogo de xadrez chamada cabalo, que é a única que pode cambiar de casa pasando por riba de pezas que ocupan casas intermedias.

Refráns

  • A gran salto, gran crebanto.
  • Se salta a cabra na viña, tamén saltará a filla.

Palabras veciñas

Saltillo | saltimbanqui | saltío | salto | Salto | Salto | Salto