sambesuga
(
-
[ANIMAL]
-
s
f
Anélido hirudíneo da orde dos acantobdélidos, e en especial os dos xéneros Branchellion, Glossiphonia, Haemanteria, Marsupiobdella, Haemadipsa, Haemopis, Hirudo, Limnatis e Erpobdella, pertencentes a diversas familias. Teñen en xeral poucos centímetros de lonxitude, corpo cilíndrico e deprimido e coloracións escuras variadas, con dúas ventosas terminais e sen quetas. Viven como ectoparasitos ou fixados temporalmente, son hematófagos e algúns carnívoros. Habitan en augas doces e mariñas e tamén sobre a terra húmida.
Sinónimos: samesuga. -
s
f
Anélido de 6 a 10 cm de lonxitude, de cor gris escura, que habita xeralmente en lagos, ríos e canles, sobre todo de augas corruptas. Posúe unha ventosa oral e outra aboral, e a boca consta de tres mandíbulas dentadas, coas que pode adherirse a peles resistentes e serralas para zugar despois o sangue das vítimas (vertebrados). Durante o estado xuvenil é carnívora, e no adulto hematófaga, puidendo absorber ata 6 veces o seu peso. Antigamente foron moi utilizadas en medicina para practicar sangrías controladas e aínda se utilizan nalgunhas operacións para evitar a formación de coágulos. Poden transmitir outros parasitos, como Trypanosoma granulatum. Contén no seu interior un anticoagulante natural, o hirudin, que lle permite manter o sangue fluíndo antes de alimentarse.
Sinónimos: samesuga. -
sambesuga do cabalo [Limnatis nilotica, Fam dos hirudíneos]
Anélido de coloración variable, de 8 a 10 cm de lonxitude e de dentes máis obtusos ca Hirudo medicinalis; adhírese á mucosa bucal de grandes mamíferos (cabalos, bóvidos) mentres beben.
-
s
f
-
s
f
Persoa aproveitada, especialmente a que vive ou se enriquece a costa doutra.