samoiedo -da
(< ruso samoed)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo samoiedo, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo samoiedo.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo uraloaltaico con caracteres físicos mongoloides, dispersos pola tundra occidental, desde o río Pečora en Europa ata o río Khatanga, en Siberia. Moi rusificados culturalmente, a familia é de tipo patriarcal e agrúpanse en tribos rexidas por un xefe e pola autoridade espiritual do chamán.
-
linguas samoiedas
[LING]
Grupo de linguas do phylum urálico, subdividido nun subgrupo setentrional e nun meridional. Ao primeiro pertencen o iurac ou nenets, o tavgui ou nganassan e o ieniseiano ou enets. Forman o segundo o selkup e o camasiano. Os seus falantes están dispersos por zonas extensísimas da Siberia occidental e da costa ártica da Rusia europea. A partir de 1932 o iurac e o selkup teñen alfabeto cirílico e empréganse no ensino primario.
-
adx
-
s
m
[ZOOL]
Raza de cans criados en Siberia polo pobo homónimo, onde se utiliza como animal de tiro de zorras, de compañía ou como can de pastor dos rabaños de renos.