San Lourenzo, castelo de
San Lourenzo, castelo de
Construción situada dentro do recinto fortificado do castelo da Concepción, á beira do río Miño en Goián (Tomiño). Edificouse en 1673 e acolleu unha pequena tropa destinada a controlar a fronteira galego-portuguesa. De planta cadrada, tiña baluartes defensivos, capela, polvoreira, casa do gobernador, cuarteis e pozos. Abandonado no s XIX, consérvanse restos do seu sistema defensivo. Foi declarado BIC en 1995.