San Miguel das Penas y La Mota, marquesado de
Título nobiliario outorgado por Carlos II en 1698 a Fernando Arias Ozores, señor das casas de San Miguel das Penas e La Mota. En 1719 Filipe V estendeu o Real Despacho, co vizcondado previo de San Esteban de Oca, a súa irmá Constanza Arias Ozores (Lugo 1669, VII condesa de Amarante, considerada como a I marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. Iniciou co seu home, Andrés Gayoso Ozores e Sotomayor, a construción do pazo de Oca. O título continuou nos seus descendentes directos ata a morte de Encarnación Gayoso de los Cobos e Téllez-Girón (1813-?) VI marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. O condado permaneceu vacante ata que foi rehabilitado en 1931 polo seu sobriño-neto Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos (?-1948), VII marqués de San Miguel das Penas e La Mota e XVIII conde de Ribadavia, que cedeu o título a súa irmá Casilda Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos , VIII marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. Á súa morte o condado permaneceu baleiro. Trae por armas: axadrezado de sable e ouro; o xefe de prata coa cruz recortada, de goles. No timbre, coroa marquesal.