San Miguel de Penas, pazo de

San Miguel de Penas, pazo de

Construción situada en Penas (Monterroso). Ten forma de L, formado pola torre da homenaxe dun antigo castelo e o pazo propiamente dito. A torre ten planta rectangular, con tres pisos e soto, con seteiras e ventás nos muros. O pazo ten unha soa planta e patín. Está pechada por un muro cunha porta de acceso arquitrabada, flanqueada por escudos que fan referencia aos Ribadeneira e aos Taboada.