San Paolo Fuori le Mura

San Paolo Fuori le Mura

Basílica de Roma, unha das catro basílicas maiores. Está situada na Via Ostiense, preto da porta homónima. O primeiro edificio erixiuno Constantino (324) sobre o lugar tradicional da tumba de san Paulo. En 388 Valentiniano e Teodosio erixiron aí a gran basílica, completada en 395 por Honorio. Non sufriu cambios importantes ata o incendio de 1823. Da antiga só queda o arco triunfal cos mosaicos do s V. Reconstruída (1854) de acordo co plano antigo, consta de cinco naves longas e espazosas, separadas por catro fileiras de columnas.