San Xián, romaría de

San Xián, romaría de

Romaría que se celebra no monte Aloia na honra de san Xián, que regula o tempo para traer, segundo se precise, sol ou choiva. Cando falla unha das dúas cousas, fanse durante oito días rogativas na catedral de Tui e o noveno día lévase a imaxe do santo á capela do monte e colócase na pedra da auga ou na do sol, segundo se precise. Celébrase o 27 de xaneiro.