San Xosé, pazo de

San Xosé, pazo de

Construción situada en San Cristovo de Viñas (A Coruña). Fundado en 1674, ten planta en forma de T e capela de planta rectangular, unida a un dos corpos, baixo a advoación de san Xosé. Os escudos aluden aos Quirós e Tabares.