Sanabria, Parque Natural del Lago de

Sanabria, Parque Natural del Lago de

Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.

Palabras veciñas

3 san, sa | saña | Sanaag | Sanabria, Parque Natural del Lago de | Sanaga | Sanamede do Monte | Sanandaj