sancta sanctorum*

sancta sanctorum*
  1. s f [RELIX]

    Parte máis interna e sagrada do tabernáculo e do templo de Xerusalén. De forma cúbica, correspondía á cela dos templos exipcios e babilónicos. Alí gardábase a arca da alianza e só podía entrar nela o gran sacerdote unha vez ao ano, o día da expiación. OBS: Tamén se denomina santuario ou santo dos santos.

  2. s f [ARQUIT]

    Capela privada dos papas no antigo palacio de Letrán, á cal se subía, desde a reforma de D. Fontana, pola chamada scala santa, identificada pola tradición como a escalinata do pretorio de Pilatos.

  3. s f

    Lugar secreto e reservado ao que só teñen acceso uns cantos iniciados ou privilexiados.