sanguíneo -a

sanguíneo -a

(< lat sanguinĕu)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao sangue.

    2. Que contén sangue en abundancia.

    3. Que ten a cor do sangue.

  2. adx
    1. Aplícase á persoa ou ao animal que amosa a cara de cor vermella e conxestionada por causa da circulación abundante e activa do sangue.

    2. Aplícase á persoa de temperamento impulsivo ou facilmente irritable.

  3. adx [PSIC]

    Aplícase a un dos catro temperamentos descritos por Hipócrates que se caracteriza por unha condición sentimental cambiante. Na caracteoroloxía dos psicólogos holandeses Heymans, Wiersma e Le Senne é un dos oito tipos de caracteres resultantes da combinación das tres compoñentes básicas que se caracteriza por ser non emotivo, activo e primario. Tamén son trazos esenciais deste tipo: a falta de emotividade, o optimismo, a vaidade e a volubilidade.

  4. adx [HERÁLD]

    Aplícase á cor do sangue empregada na heráldica inglesa, que se representa graficamente por un raiado moi fino de liñas horizontais, entrecruzadas con outras liñas diagonais que van da esquina dereita da cabeza ata a esquerda da punta.