sanidade

sanidade

(< lat sanĭtāte)

  1. s f

    Calidade do que é san.

  2. s f

    Calidade de ter boas condicións para a saúde un lugar ou un clima.

  3. s f [DER]

    Conxunto de servizos gobernamentais ordenados para preservar a saúde pública. En España o Ministerio de Sanidad encárgase do mantemento da sanidade superior ou civil mediante a organización técnica, consultiva e inspectora das profesións sanitarias. Tamén mantén servizos análogos nas fronteiras (sanidade exterior) e nos portos (sanidade marítima). A Xunta de Galicia ten competencias en sanidade, que executa a través da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), que asumiu a transferencia do INSALUD en 1991.

Palabras veciñas

sanhaja | sanícula | Sanicula | sanidade | sanidina | sanie | Sanín