sánscrito -ta

sánscrito -ta

(< sánscr sám.skṛta‘perfecto’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao sánscrito.

  2. s m [LING]

    Forma ‘elaborada’ (ṣa

  3. literatura sánscrita [LIT]

    Literatura escrita en sánscrito que está constituída polos catro vedas, escritos en sánscrito védico, que conforman a literatura védica. Á parte desta, a literatura sánscrita está representada polos textos dos śruti e pola inmensa literatura épica do Mahābhārata e do Rāmāyana. No xénero narrativo destaca Panchatantra, unha colección de fábulas didácticas. Por outra banda, unha sección importante da literatura doutrinal é coñecida como Sūtra, Śastra, Tāntra, āgama e Purāna, ademais dos comentarios e divagacións dos representantes das diferentes escolas filosóficas. En sánscrito tamén pode localizarse a literatura primitiva búdica, ademais da literatura conformada por obras representativas do dereito, da medicina, da álxebra, das matemáticas, da astroloxía e do erotismo, onde destaca o Kama-Sutra.