Santaz-Censa
Santaz-Censa
Empresa radicada nas Gándaras de Budiño (O Porriño) creada en 1968 como Censa e que tomou o nome actual en 1987. Dedícase á fabricación de reactores, intercambiadores de calor, columnas de fraccionamento e destilación e refinarías, muíños, fornos de todo tipo e material para buques como temóns e máquinas para a pesca ou a carga.